O grupo de traballo da Frente Cívica de A Coruña organiza para o día 6 de abril, ás 20:30 horas, no bar Monty (praza do Papagaio), unha mesa redonda sobre o Plan B impulsado por Varoufakis hai unhas semanas.
Acudide masivamente!
A grandeza deste debate reside no que aínda está por chegar, no que habería que afrontar paralelamente, antes de saírnos do euro e non despois, nos temas escondidos na outra cara da moeda única : o coidado do medio ambiente, o consumo enerxético responsable, o papel das economías locais, os tipos de participación política, a repartición xusta da riqueza, o impago da débeda ilexítima, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario